viernes, 2 de diciembre de 2011

As metamorfoses de Proteo

As metamorfoses de Proteo
Autor
   Antón Risco (1926 - 1998)
Máis información: Wikipedia

Libro
Editorial: Galaxia
Edición leída: 1989
Páginas: 252
ISBN: 84-7154-664-7





A miña impresión

En Galicia sempre dise que "habelas hainas" e eu, ainda díría máis (parafraseando a Hernández e Fernández), "habelos hóuboos... e, coido, segue a habelos".
Se cadra a máis dun resultaríalle doado comentar este libro mais a min, cústame máis do que semella. As experiencias vividas e o ir e vir de cando en vez, dinme que a cousa non trocou tanto como debería. Este libro de Risco amosa unha visión do mundo rural galego (quitando as dúas máis grandes cidades galegas o resto non deixan de seren vilas-grandes nas que todo o mundo se coñece) que atópase tan adentro que semella inextirpable. Os caciques e os seus sometidos e correlixionarios forman un complexo mapa que non é doado de traducir a hoxendía. Na novela faise unha representación esaxerada, como non podía ser de outro xeito, de ata qué punto pode chegar a ter un home. Unha narración feita con inxenio e mirando, coma no meu caso, dende fóra cara ós que viven dentro.
Paga a péna lela para ter outra visión, máis ou menos cómica e, xa digo, esaxerada, do que acontecía en pleno século XX, xa a piques de rematalo.

Contraportada do libro

As historias de don Torcuato, un cacique ourensán dos nosos días, que chega a despozar de sustancia persoal ós seus administrado, moitos dos cales, a pesar de que aparecen nesta novela como se fosen homes e mulleres dotados de vida individual, non pasan de ser metamorfoses do seu amo e señor, verdadeiro Proteo do noso tempo.

É unha novela que narra feitos situados na cidade de Ourense entre os anos 1931 e 1981. Presidida pola figura todopoderosa do cacique don Torcuato (verdadeiro Proteo do noso tempo), mela mistúranse anos e xeracións nunha simultaneidade que arromba con calquera sucesión cronolóxica dos acontecementos. A pesar de que o cacique non aparece nunca na escena, o seu poder chega ata o extremo de ir despozando ós seus administrados das súas propias personalidades. Estes, que non son máis que metamorfoses daquel principio de poder, non deixan de presentar, sen embargo, as súas problemáticas individuais. Un deles mesmo chega a inventar ó autor da novela. Como na música dodecafónica, cada personaxe é un tono que non volve soar ata que non soan tódolos demáis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...