domingo, 16 de septiembre de 2012

O hobbit

O hobbit
Autor
J.R.R. Tolkien
Más información: Wikipedia
 
Traductor
Moisés R. Barcia
 
Libro
Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Edición: xaneiro 2002
Páginas: 337
ISBN: 84-8302-495-0


A miña impresión
 
Cabe dicir, como introducción a esta entrada, que este libro estivo no meu andel (en realidade en varios andéis de varias casas, vilas e países nos que vivín dende a súa merca) a esperar a que o collera con ganas para lelo. Por que? Porque dixen que o había ler antes de que estreasen a película e, daquela, no nadal de 2002, xa se estaba a rumiar de que se faría unha nova película (o filme que han estrear este outono non ha se-lo primeiro baseado neste libro) logo de xa estaren filmadas as tres partes de O señor dos aneis (algún día incluiréi as entradas destes outros libros). 
 
A historia, ainda que máis que coñecida por tod@s, ou eso penso, ten tanto detractores coma adeptos.  O certo é que, logo de teren lido con anterioridade os tres volumes de O señor dos aneis tódalas personaxes xa se me facían coñecidas. Así que, se alguén non liu ainda esta historia cumpre dicir que básicamente a narración é unha especie de conto na que diferentes seres (homes, ananos, elfos, trasnos, lobos, homes-oso, arañas e aguias xigantes, magos e hobbits) conviven na terra que debuxa o mapa de Thror, antigo rei anano da Montaña Solitaria.
 
A historia comeza cando se presenta o mago blanco Gandalf na casa do hobbit Bilbo Bulseiro, logo de bastantes anos sen se ver. Ó día seguinte hanse presentar no tobo de Bilbo ata trece ananos. No medio de toda a confusión das vistias inesperadas, Bilbo verase envolto, sen pedilo e sen crelo, na partida dunha viaxe cara a Montaña Solitaria para recuperar un tesouro que o dragón Smaug, bastantes anos atrás, roubou a Thror, logo de asolar todo o val ó redor da Montaña e de matar canta vida había. A viaxe cara a montaña é longa e perigosa, e polo camiño han atopar tanto amigos coma enimigos e, gracias a Gandalf e á sorte e o bó facer de Bilbo, todos xuntos han ir avanzando ós poucos.

Situacións inesperadas e estranos seres hanse cruzar nesta aventura que, asemade, ha amosa-las grandezas e miserias de todas estas criaturas cara un fin que, non por esperado, deixa de ter a súa mensaxe final. Esta é unha grande aventura que foi editada por primeira vez no ano 1937. Se non a léstedes, facédeo antes de ve-lo filme neste vindeiro outono.

Contraportada do libro
 
Ó hobbit Bilbo Bulseiro gústalle a vída cómoda e tranquila do seu burato-hobbit, onde almorza, merenda e cea varias veces ó día. Pero a inesperada visita do mago Gandalf fai espertar no seu interior o espírito aventureiro dos seus devanceiros. Deste xeito ve trastocada a súa vida cotiá e, sen saber moi ben como, emprende unha longa viaxe con trece ananos barbudos en dirección ás Montañas para recuperar un tesouro roubado por un dragón e esquecido hai moito tempo.

3 comentarios:

  1. Lino hai anos e relino varias veces. Encantábame.

    ResponderEliminar
  2. Coido que o lin un pouco a destempo e, de seguro, había disfrutar del máis cando lía as historias de Merlín, Arturo, Pendragón, etc. Mais así e todo, ségueme a gustar este xénero.

    Graciñas polo teu comentario Peke. Apertas.

    ResponderEliminar
  3. If you need your ex-girlfriend or ex-boyfriend to come crawling back to you on their knees (even if they're dating somebody else now) you gotta watch this video
    right away...

    (VIDEO) Text Your Ex Back?

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...