viernes, 1 de abril de 2011

A viaxe de Baldassare

Autor
Amin Maalouf (1949)
Máis información: Wikipedia
Tradutores
Xabier Queipo 
María Dolores Torres París
Libro
Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Edición: 2000
Páxinas: 452
ISBN: 84-8302-583-3


A miña impresión

Amin Maalouf non cómpre ser presentado nin tampouco as súas novelas. Bó libro para ler e para disfrutar.

Ás veces, cando un marcha de viaxe por un motivo, ese motivo vese "alterado" e, case que sempre, porque no canto dun motivo, téñense varios motivos para continuar ou altera-la viaxe prevista. Isto é o que lle acontece ó protagonista desta novela, que no século XVII as supersticións e as relixións fan que Baldassare comece unha viaxe que semella doada pero que por mor dos acontecementos, dos libros e dos amores véxase alterada en tanto en canto á perigosidade e lugares a visitar. Tamén, como todo na vida, acontecen cousas boas, compañeiros de viaxe imprevistos e, como non, amizades e xenreiras durareiras no tempo infindo. Este relato son catro libros ou catro diarios da viaxe que por mor dos acontecementos o autor ha ir perdendo por diferentes cidades polas que pasa e, cada un deles, por mor dun acontecemento diferente. Asemade, Baldassare amosa as súas debilidades e as súas grandezas, prevalecendo estas últimas. Por riba de todo o amor. O amor á persoa sempre amada e desexada, o amor ós libros, ó amor á familia e o amor a aqueles que demostran a verdadeira amizade.


Contraportada do libro

Ano 1666, o ano do Anticristo. Agoireiros e iluminados percorren os camiños para anunciar que a fin do mundo está cerca. Na Apocalipse dise que o número da Besta é o 666 e no ano 1666, é dicir MDCLXVI, xúntanse tódalas letras da numeroloxía latina, que é outra das condicións da profecía. Ademais, en tódalas confesións hai un libro en que se profetiza o final dos tempos. Baldassare Embriaco, un comerciante de obxectos de arte e libros raros, descendente dunha vella familia xenovesa asentada no Líbano, vese envolto nesta voráxine fatídica. Baldassare amósase escéptico, consonte as Sagradas Escrituras: "o home non saberá nin o  día nin a hora da fin do mundo antes de que esta sobreveña". Non obstante, emprende unha longa viaxe na procura do libro maldito, O centésimo nome, que tivo entre as súas mans pero que deixou escapar.

1 comentario:

  1. Many thanks for your comment. You are welcome any time to comment here or in any other post in my blog.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...