sábado, 4 de junio de 2011

Diario do impostor

Diario do impostor
Autor
Héctor Carré (1960)
Máis información:  http://www.hectorcarre.com/ (en construcción). Namentras pódese obter máis información na Web do Consello da Cultura Galega)
Libro
Editorial: Edicións Xeráis de Galicia
Edición: 2007
Páxinas: 390
ISBN: 978-84-9782-539-9




A miña impresión
Hai unhas semanas estiven de viaxe pola miña vila natal e aproveitei para mercar algún que outro libro en galego, xa que logo en Sevilla é unha miguiña complicado. Entre os que merquei atópase Diario do impostor, de Héctor Carré, que me chamou a atención por ter unha temática diferente ás que tiña lido deica agora.

Como ben digo, esta novela trata dun tema do que deica agora nunca lera nin tivera interese algún máis alá de ir de cando en vez ó cinema a veren algunha ca outra película.


O personaxe é un rapaz informático ó que se lle transforma a vida nunha noite de ligue e copas na que, avergoñado de non ter un traballo o suficentemente interesante coma para mencionarlle ás rapazas, invéntase a historia de que é un director de cine novel. Esta tropelía dá coma resultado algo totalmente inesperado; no canto de podérense deitar coa rapaza que está a ligar, esta ofrécelle dirixir unha película. Neste intre, e ós poucos, o egocentrismo apodérase del e comezan unha serie de peripecias, algunha dela bastante forzada, que fai que a novela fágase máis ou menos entretida.


Afondando na miña opinión, a novela marca diferentes tempos que fai que teña momentos nos que se fai unha descrición minuciosa dos traballos que se teñen que facer para rodar unha película, e outros momentos que, sobor de todo no final, pásase moi por riba, con moita velocidade. Dá a sensación de que o final do libro, en parte esperado e en parte non, atópase moi forzado para remata-la novela.


Dende logo, esta novela semella ser moi crítica con todo o que se move ó redor do cinema e, se cadra, a experiencia de Héctor Carré neste sector, levoulle a escribir o que escribiu. Novela entretida.

Contraportada do libro
Onofre García é un rapaz que se resiste a deixar de ser adolescente. Traballa nunha empresa de informática e un día, intentando impresionar a unha moza, asegura que é director de cine. O incidente provoca un cambio radical na súa vida, porque a moza resulta ser produtora cinematográfica e Onofre recibe unha oferta para dirixir unha película. Sen pensalo dúas veces, acepta e comeza a vivir como un impostor, tratando de aprender, en directo, os segredos da pantalla. Para saír airoso vese obrigado a disimular e enfrontarse a produtores, guionistas, axudantes de fotografía, actores, montadores, músicos, etc. Diario do impostor é unha novelatrepidante que oscila entre a intriga e a comicidade, e ofrece un repaso do mundo do cine e a gravación dunha película desde os ollos dun neófito que aprende, a golpes, as leccións máis importantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...