viernes, 17 de junio de 2011

O Globo de Shakespeare

O Globo de Shakespeare
Autor
Santiago Jaureguizar (1965)
Máis información: Wikipedia

Libro
Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Edición: 2008
Páxinas: 210
ISBN: 978-84-9782-915-1




A miña impresión

A vida é puro teatro é o que semella dicirnos esta interesante novela. Poderiase dicir que Ribadeo ven a se-lo escenario que estamos a mirar nun teatro no que, o centro de atención, é o pazo no que habitan os personaxes principais da novela. Cómpre dicir que tódolos personaxes menos un semellan monicreques a ser manipulados por polo monifateiro que, ó fin e ó cabo, non é o monifateiro da novelaA novela estanos a falar de varias historias que teñen un punto común, que é o pazo, e que transcurren tranquilamente deica se produce un elemento desencadeante da traxedia que está por vir: o descubrimento do Ur-Hamlet.

A novela é de lectura rápida e xoga con Shakespeare dende o nome dos seus capítulos ata o guión que fai de espiñazo ou piar. Partindo dun guión que me semellou enxeñoso e ben levado cara o remate, se cadra vese forzado a acabar do xeito máis previsible xa que logo outro final podería dar moito máis que remexer. É a primeira lectura que fago de Jaureguizar e gustoume. 

Contraportada do libro

Un actor que soña con Shakespeare, un escritor que soña con limóns, unha muller que soña con ser correspondida polo seu home, unha vella que ficou soñando co noivo da mocidade, unha prostituta que soña con non sentirse soa e un vello que nada soña e que goza controlando os soños alleos son os personaxes de O Globo de Shakespeare. O achado do primeiro Hamlet, a obra do soño e a morte, no pazo de Ribadeo onde se relacionan, asolagará os seus soños e as súas vidas. O monifateiro Ricardo e o seu pai, o pintor Leandro, tras a tola e valleinclanesca procura do manuscrito agochado, emprenderán unha viaxe que, irremediablemente, rematará cun apoteósico final.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...