sábado, 11 de diciembre de 2010

Evanxélica Memoria (Triloxía): Entre fronteiras / Nas catacumbas / Unha falsa luz

Hai uns meses rematei de le-la triloxía Evanxélica Memoria de Xavier Alcalá. O certo é que esta triloxía abriume os ollos cara unha parte da sociedade galega, que sempre tiña, de algún xeito, denostado. ¿Por que?. Se cadra por mor das influencias católicas e apostólicas que un recibíu dende cativo na vila natal: hai bós e malos crentes - I can not believe anymore. Esta triloxía, en definitiva, danos a coñecer unha parte da historia dos galegos que se atopan vinculados a un facer relixioso concreto e minoritario, o evanxélico, e a unha posición política variada e maleable.

A un dalle por matinar respecto a como actuamos os humanos contra de aqueles que non pensan coma nós.

LIBRO PRIMEIRO DA TRILOXÍA: ENTRE FRONTEIRAS

Entre fronteiras
Autor
Xavier Alcalá (1947)
Máis información: Wikipedia

Libro
Editorial: Galaxia
Edición: 2004
Páxinas: 344
ISBN: 84-8288-667-3

A miña impresión

Entre fronteiras é o primeiro dos libros da triloxía. É un libro doado de ler e que aventúranos ó inicio dos tempos do narrador, nado nunha vila onde Galicia mira Portugal. Este libro relata as dificultades dun home cando a súa fé non cadra coas dos máis, mais tamén a comprensión de aqueles ós que tampouco lles importa moito se cres ou non ou en qué cres. Xenreiras, mentiras e outros acontecementos adiados na Segunda República ou na Guerra Civil.

Contraportada do libro

Xavier Alcalá (Miguelturra, 1947) narra a historia da represión da comunidade evanxélica en Galicia. A partir de feitos reais, que comezan no reinado de Alfonso XIII e chegan á guerra civil, as circunstancias e os personaxes son retratados coa exactitude dun escribán de xulgado e o pulso firme e apaixonante dunha narración que flúe de xeito imparable. Entre fronteiras inicia unha triloxía na que o autor descobre unha parte da nosa historia ata o de agora descoñecida.

LIBRO SEGUNDO DA TRILOXÍA: NAS CATACUMBAS

Nas catacumbas
Autor
Xavier Alcalá (1947)
Máis información: Wikipedia

Libro
Editorial: Galaxia
Edición: 2005
Páxinas: 420
ISBN: 84-8288-802-1

A miña impresión

Nas catacumbas é o segundo dos libros da triloxía. Ó igual co primeiro, é un libro doado de ler e fálanos do acontenido na postguerra así como a primeira etapa do franquismo. Presumiblemente estase a contar as dificultades sufridas polo narrador mais, tamén, como parte do réxime chega a apoiar a unha secta coma a evanxélica fronte a católica, non por motivos relixiosos senón por pesos ou poderes políticos existentes durante o réxime.

Contraportada do libro

A represión das comunidades evanxélicas é unha parte da historia recente de Galicia moi pouco coñecida ata o de agora. Xavier Alcalá (Miguelturra, 1947) recupéraa para a novela galega coa triloxía "Evanxélica memoria". Nas catacumbas abrangueo período que, desde a Guerra Civil e durante os anos corenta, está marcado polo estraperlo, a guerrilla antifranquista, a presenza dos nazis en Vigo, as brutalidades dos fascistas e a persecución de protestantes e fuxidos. Un fresco histórico e narrativo que transmite enteiramente a forza duns feitos inesquecibles.

LIBRO TERCEIRO DA TRILOXÍA: UNHA FALSA LUZ

Unha falsa luz
Autor
Xavier Alcalá (1947)
Máis información: Wikipedia

Libro
Editorial: Galaxia
Edición: 2007
Páxinas: 471
ISBN: 978-84-9865-028-0

A miña impresión

Unha falsa luz é o derradeiro libro da triloxía. Ó igual cós outros, doado de ler. Nesta narración fálase do acontecido durante o réxime franquista e os primeiros anos da nosa actual democracia,. As esperanzas desta xente por tornar á liberdade política e relixiosa que se vería frustada, no segundo dos  anelos. Xenreiras, amizades, amores e crianzas. En definitiva, a supervivencia de aqueles que non comparten as mesmas ideas cos gobernantes e os anelos pola futura existencia dunha terceira república plural en todo.

Contraportada do libro

Nesta parte da triloxía "Evanxélica memoria", Xavier Alcalá (Miguelturra, 1947) continúa o relato da historia oculta das comunidades evanxélicas en Galicia. Unha falsa luz, a novela que remata este extenso ciclo narrativo que abrangue desde o reinado de Alfonso XIII aos estertores da ditadura franquista, céntrase na represión relixiosa e social sufrida durante os anos da falsa e enganosa apertura. Un mundo escuro e abafante que provoca o exilio de boa parte dos evanxélicos galegos á Arxentina logo dunha persecución sen tregua.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...