viernes, 18 de marzo de 2011

Código morse

Código morse
Autor
Xavier Alcalá (1947)
Máis información: Wikipedia
Libro
Editorial: Edicións Xeráis de Galicia
Edición: 1996
Páxinas: 276
ISBN: 84-7507-984-9



A miña impresión
Ben certo é que devezo polos libros de Xavier Alcalá, así que haberán máis entradas no futuro deste espléndido escritor.

Desta volta, ó contrario ca nas outras entradas, hei pór un párrafo do limiar (escrito por Xosé A. Ponte Far) do libro. Coido con esta introducción pouco máis hai que dicir.


"... Código morse recolle o intento  persistente de desvela-lo misterio que encerra entre as súas paredes e a historia do pazo do Rosario, pertencente á familia Tizón-Rocha, que funde a súa silueta granítica co verdor dos piñeiros e dos prados, e coa placidez das augas da fermosa ría de Ferrol..."

 "... Outra nota salientable de Código morse é a linguaxe rica, creativa, fluída e auténtica que o autor emprega na súa redacción..."

Unha moi boa lectura, e moi aconsellable.

Contraportada do libro
O Lolo virouse na cadeira e consultou coa vista á mai; que procurou algo no peito e acercouse a min, mansamente, para deixar sobre a mesa o obxecto de loucuras e crimes.

Alí estaba, por fin, a píntega de ouro coas súas manchas simuladas e os ollos fulgurantes de rubí.

Collina e observeina en detalle, asombrándome da frialdade con que o facía, como se non importasen anos de vida e cavilacións cerca dela. Na barriga tiña, enmascarados, puntos e raias da mensaxe en clave...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...