Territorio ocupado |
Autor
Francisco Alonso (1963)
Máis información: Blog de Fran Alonso
Libro
Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Edición: 1998
Páxinas: 277
ISBN: 84-8302-280-X
A miña impresión
Hoxe, cando estaba a mirar na estantería para coloca-la última merca feita (Jesús me quiere de David Safier, xa falarei del), redescubrín este libro, Territorio ocupado, que lin hai bastantes anos.
Fala do día a día do pobo Saharaui a nos anos últimos do século pasado así como da súa historia máis recente. Pasados uns anos dende o escrito, a historia segue a se-la mesma. Pobo amigable (só basta ve-los cativos que pasan os veráns en calquera vila da península), agradecido, orgulloso de si mesmo e, tamén, pobo illado coma estado por mor do silencio de outros pobos "avanzados e democráticos" coma os europeos. Recomendable lectura para saber e entender ós saharauis. Mágoa das fotos en branco e negro.
Contraportada do libro
Aquí son as xentes as que falan, as que contan, as que berran, as que reclaman coa súa voz valente e decidida; as mulleres que dirixen os campamentos de refuxiados, o militante encarcerado clandestinamente en Marrocos, un vello nómada, aquela muller que sufriu os bombardeos da aviación no deserto, os combatentes, os ministros do goberno exiliado, os fundadores da Fronte Polisario, a nena que veu de vacacións de verán en Galicia. Eles son os protagonistas de Territorio ocupado, un libro que agroma de diversas viaxes que escritor e fotógrafo realizaron alí onde os saharauis habitan, na máis dura hamada do deserto. E, á par da crónica literaria e periodística do texto, o testemuño revelador e fermoso das fotografías de Manuel G. Vicente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario