Ninguén |
Autor
Fran Alonso (1963)
Máis información: Domicilio virtual
Libro
Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Edición lida: setembro 2011
Páxinas: 199
ISBN: 978-84-9914-302-6
A miña impresión
Dentro dos libros mercados neste pasado Nadal atópase este, Ninguén, de Fran Alonso, que non tendo referencia del (do libro, xa que a Fran Alonso comeceino a ler hai anos) decidín darlle unha oportunidade. ¿A que vén todo esto? A temática do libro, pola súa contraportada, non me atraía o máis mínimo xa que sempre conto con non toca-lo mundo que ten que ver coa tecnoloxía informática, que é o meu mundo laboral diario. Por dicilo dalgún xeito, os libros emprégoos para me evadir do meu mundo real (supoño que coma outra moita máis xente). Se cadra, tamén, por eso estou últimamente un pouco lonxe deste blogue...
Xa falando do libro, o certo é que, no fondo, fala da soidade na que nos envolve o mundo das computadoras e os seus programas informáticos. Cada vez máis a xente tendemos a investir máis tempo en comunicarnos entre nós con aparellos en lugar de falar. En varios episodios ou relatos curtos, cóntasenos diferentes vivencias de diferentes persoas, cada unha cun problema persoal diferente coma o de envexar a vida en outro lugar e, cando se chega a ese lugar, envéxase a vida anterior; ou como alguén vivindo nun edificio con veciños está certamente só; ou como pode se-la relación entre Escritor, Editor e Lectora. E todos estes capítulos ou relatos individuais rematan cun epílogo, que é a redacción dun hoax.
No meu parecer o libro é entretido, mais non tanto coma libros anteriores de Fran Alonso. Danos unha visión case que dramática do mundo real e de a cara onde van as relacións humanas, á súa virtualización. Evidentemente, esa visión é moi persoal, mais para min non é moi alonxada da propia realidade: estar xuntos, un ó carón do outro, sentados no sofá, mais a comunicación entre ámbolos dous é mediante un whatsapp ou un tweet xa que logo pódense meter máis persoas na conversa. Para o meu gusto, sobran os hoax.

Contraportada do libro
Sara, unha muller que está farta dos ruídos da cidade, decide cambiar de estilo de vida. Un mozo vive obsesionado polas voces dos seus veciños, qe lle impiden levar unha vida normal. Outra muller cítase nunha cafetería cun home ao que coñeceu a través de Internet. S. Lonely toma a decisión, por primeira vez na súa vida, de emprender unha pequena viaxe de vacacións para romper a rutina. Un escritor, que recibe correos dunha lista na que nunca se deu de alta, descobre a carga subversiva dos hoax, esas falsas cadeas que se envían a través de correo electrónico. Simultaneamente, diversos mails cruzan o ciberespazo deste libro singular.
Estas son algunhas das historias e personaxes do novo libro de Fran Alonso. Ninguén aborda os actuais xeitos de relación entre as persoas nas sociedades urbanas e o modo en que a cidade e a tecnoloxía inflúen para mudar os medios que empregamos en comunicarnos. O libro está centrado na convivencia entre os veciños dun veciño, pero tamén no uso de tecnoloxía como paradigma das formas de relación. Desde a presenza do teléfono móbil ata o contacto persoal a través das redes sociais, Ninguén explora esa nova condición que hoxe nos define aos cidadáns das comunidades contemporáneas, vencelladas, entre outras cousas, ao individualismo, á máquina, á soidades e aos ruído.

No hay comentarios:
Publicar un comentario