domingo, 2 de septiembre de 2012

As fiandeiras

As fiandeiras
Autor
Antonio Piñeiro (1962)
Máis información: Editorial Galaxia

Libro
Editorial: Galaxia
Edición leída: novembro 2011
Páginas: 105
ISBN: 978-84-9865-400-4
Premio García Barros 2011




A miña impresión

Esta é unha pequena novela que se narra a cachos, en parágrafos de poucas liñas, o que a fai máis intensa e consegue que un se interese por saber ainda máis do que acontece e quera ler e ler de cara a remata-la lectura. Poucas páxinas mais, como comento, intensas e que enganchan dende a primeira verba deica a última delas.

A narración envólvenos nun mundo machista e totalitario no que un pequeno grupo de mulleres, ou máis ben unhas poucas mulleres e un fato de raparigas, tentan que o seu labor avance cara un futuro mellor, podendo desenvolver unha pequena industria de tecidos na vila da Estrada. Ós poucos conseguen os materiais: os tules; que cómpren para traballar e sacar novos productos á venda mais, como non, as grandes industrias do momento, e mai-la Igrexa por medio (sempre tan aferrada ó poder), fan dese labor unha competencia desleal que conleva o conseguinte xuicio

Unha das rapazas cóntanos todo o acontecido visto dende uns ollos infantís mais que non deixan lugar a dúbidas da inxusticia do narrado. Moi boa lectura, ó meu xuicio.
 
Contraportada do libro

Un deses acontecementos recónditos que a Historia esconde. Un caleidoscopio de emocións e fervenas humanas. Na vila da Estrada, no contexto convulso das insurreccións cantonais de fins de século XIX, debúxase un triángulo afectivo -unha rapaza, a súa mestra e unha muller valente- arredor do cal se desenvolve unha trama inquisitorial. Trátase de someter  unhas mulleres -as fiandeiras- que molestan os intereses da industria e do poder dominante.
Antonio Piñeiro (Ribeira, 1962) asina unha novela que convida a repensar o papel das mlleres no avance do progreso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...